O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O Concello publica a concesión provisional das axudas do PEL Reactiva por un importe de case 290.000 euros

| compartir:

O Departamento de Desenvolvemento Local e Turismo acaba de publicar a concesión provisional das axudas do PEL reactiva, un programa de apoio a autónomos e pequenas empresas que se realiza co cofinanciamento da Deputación da Coruña. As solicitudes presentáronse durante o mes de novembro e neste momento publícase a lista coa proposta provisional de concesión. 

Presentáronse 170 solicitudes de axuda, das que se admitiron por cumplir coas condicións da convocatoria 149. Unha vez baremadas acórdase conceder 147 axudas por un importe de 286.500 euros. Esta proposta de concesión ten un prazo de alegacións ata o 5 de febreiro. Unha vez rematado e resoltas as reclamacións publicarase a concesión definitiva. 

O PEL Reactiva Teo é un plan impulsado pola Deputación da Coruña e os concellos de menos de 50.000 habitantes ao que Teo se adheriu para tentar minimizar os efectos da pandemia entre as empresas que viron afectada a súa facturación nos últimos meses. No caso de Teo o fondo é de case 300.000 euros  e logo da baremación queda repartido do seguinte xeito: 73 axudas de 1.500 €; 26 axudas de 2.000 €; 38 axudas de 2.500 € e 10 axudas de 3.000 €. 

O reparto de fondos fíxose, atendendo ás bases da convocatoria seguindo a seguinte clasificación por grupos: 

  • Grupo I:  Que se visen afectados polo peche en virtude do disposto no RD 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, e a súa modificación aprobada no RD 465/2020, do 17 de marzo.
  • Grupo II: Que non se visen afectados polo peche, pero cuxa facturación no segundo trimestre fiscal de 2020 se vira reducida, polo menos, nun 75% en relación coa media efectuada no semestre natural anterior á declaración do estado de alarma. Cando a persoa física ou xurídica non leve de alta os seis meses naturais esixido para a acreditar a redución os ingresos, a valoración levarase a cabo tendo en conta o período de actividade.
  • Grupo III: Que se viran na obriga de acollerse a un ERTE (Expediente de Regulación Temporal de Emprego), nos termos establecidos no RD 465/2020, do 17 de marzo.

As solicitudes de axudas admitidas encadradas no Grupo I son 93 cun importe de 180.500 euros. 

As solicitudes de axudas admitidas encadradas no Grupo II son 32 cun importe de 47.000 euros. 

As solicitudes de axudas admitidas encadradas no Grupo III son 24 cun importe de 59.000 euros. 

Dende o Departamento de Desenvolvemento Local, dirixido por María López, destacan que a previsión de publicación da resolución de concesión definitiva das axudas é o 12 de febreiro. Dende ese momento ábrese un prazo ata o 31 de marzo para que as empresas poidan facer a xustificación, conforme ás indicacións que se explicarán na concesión definitiva. O remate da tramitación de xustificación ante a Deputación será a finais de maio deste ano. 

Podes consultar a lista de concesión completa premendo aquí

pel
 

pel