O Concello pídelle á Xunta a remisión do Plan de restauración da canteira da Casalonga como paso previo á vía xudicial

04-06-2021
canteira

O Concello vén de remitir á Consellería de Economía un escrito no que solicita copia do Plan de restauración que se está tramitando para a concesión mineira Casalonga nº 6996. Podes consultar aquí o escrito completo. 

Tendo en conta que esta petición xa se realizou previamente, sen resultado positivo, dende o Concello tense decidido ir á vía xudicial en caso de que a Xunta non atenda a solicitude municipal. O goberno local irá xudicialmente contra a modificación do Plan de restuaración do ano 1998 que que está realizando Toysal por considerar que non se axusta á legalidade. 

Neste momento a concesionaria, Toysal, está tramitando unha modificación do Plan de restauración do ano 1998  tramitado no seu día pola antiga concesionaria. Esto faise logo de dúas tramitacións de sendos plans de restauracións frustrados polos informes contrarios, ben do Concello de Teo ou da propia Consellería de Medio Ambiente. Diante desta situación o Concello de Teo discrepa desta tramitación. Enténdese dende o goberno local que non é lexítimo que a Xunta tramite como unha simple "adaptación" un plan de restauración elaborado no ano 1998, que ademais conta cunha Declaración de Impacto Ambiental (DIA) obsoleta aprobada hai case 20 anos e que ademais se refire a unha explotación que debe ser obxecto de adecuación ás disposicións do RD 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión de residuos mineiros e protección e rehabilitación do espazo mineiro. 

No texto remitido dende o Concello destácase que "é significativo que precisamente o concesionario da explotación promovera en dúas ocasións consecutivas a aprobación dun novo Plan de restauración e só despois de que non conseguiu ese obxectivo se plantexase a presente “adaptación” do orixinario de 1998". 

Dende o goberno teense enténdese que a reiniciación da explotación da canteira de Casalonga esixiría a aprobación dun novo Plan de restauración axustado ás disposicións do Rd 975/2009 e que sexa obxecto de avaliación ambiental con suxeición á normativa actualmente vixente, no que se deberán ter en conta o informe do Concello de Teo e as suxestións e reclamacións que poidan presentar as persoas e entidades interesadas". 

Tamén se destaca que a aprobación do Plan de restauración do que falamos esixe "ao noso xuízo o trámite de información pública na forma prevista no artigo 6.3 e 4 do RD 975/2009 de xeito que a súa omisión constitúe formalmente unha vulneración esencial das normas que regulan o procedemento legalmente establecido e materialmente un desprezo aos dereitos dos veciños do municipio de Teo a gozar dun medio ambiente adecuado". 

En base a estes e o resto dos motivos expostos no citado escrito o Concello de Teo require á Consellería "copia do Plan de restauración da explotación Casalonga nº 6996 que está a ser obxecto de tramitación e nos permita o acceso ao expediente coa finalidade de posibilitar o exercicio das competencias municipais en materia de control do solo e disciplina urbanística con relación á antedita explotación".  

Podes consultar aquí o documento completo enviado á Xunta