O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O Concello de Teo visibiliza a obra de Xela Arias, autora homenaxeada polas Letras Galegas

| compartir:

O Concello de Teo, a través da área de Lingua, visibiliza estes días a obra de Xela Arias, autora homenaxeada polas Letras Galegas.

Xela Arias foi unha creadora, editora, tradutora e mestra defensora do idioma e traballadora pola normalización da lingua galega. Xela é ademais unha voz feminina que reivindica e transgride os postulados de xénero creados na época na que viviu, a sociedade dos anos 80 e 90, principalmente na cidade de Vigo. Renovadora da poesía en estilo e forma e tradutora de grandes clásicos ao galego co fin de prestixiar o galego como lingua literaria universal. Unha voz singular no paradigma literario galego.

Desde o Concello de Teo procúrase visibilizar a súa obra e poñela en valor. Para iso, en diferentes zonas de paso da cidadanía, co fin de que calquera persoa poida ler fragmentos dela, colocaranse vinilos pegados no chan ou en paredes de múltiples zonas do concello. Contamos con seis modelos de vinilo e en ca un deles aparece un fragmento da súa obra ou frases que a autora emitiu e que definen a súa ideoloxía. Ademais, cada vinilo terá impreso un código QR, co que a persoa que o abra poderá ver á autora en directo en diferentes actos ou recitais.

Este soporte físico pretende ser o punto de partida para que as persoas interesadas indaguen sobre a obra de Xela Arias e afonden nos seus pensamentos. Un dos textos de Xela di “Escribo en galego porque estou aquí e, desde logo, Galicia pertence, aínda, aos derrotados”. Podedes descubrir o resto dos textos nos vosos paseos ou tarefas diarias polo Concello. E se vos presta, animámosvoa a facer foto e subila ás redes coa etiquteta #letrasgalegasTeo

Letras Galegas