O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O CIM programa unha charla sobre igualdade coa colaboración de Chévere

| compartir:

O Centro de información á muller (CIM) programa unha charla sobre igualdade o 9 de xuño no Auditorio Constante Liste. Teremos dous pases, ás 19:00 e ás 20:30 horas e para asistir hai que chamar ao teléfono 981936629 ou escribir un correo-e a cim@teo.gal. A actividade é de balde pero por protocolo sanitario é precisa a inscrición. 

A charla está impartida pola consultora Promove e conta coa colaboración de Chévere. Trátase dun proxecto didáctivo co teatro como ferramenta pedagóxica. Segundo explican dende a organización da actividade "despois de anos de colaboración entre Promove e Chévere creamos un formato co que achegar á cidadanía conceptos como a igualdade de oportunidades ou os roles sociais".  A conferencia leva por título O día que as mulleres gobernemos o mundo, todo será distinto

Esta actividade está financiada con cargo aos créditos recibidos do Ministerio de Igualdade, Secretaría de Estado de Igualdade contra a violencia de xénero. 

igualdade