Mocidade abre a inscrición na escola de teatro xuvenil

20-09-2021
teatro xuvenil

A concellaría de Mocidade abre o prazo para inscribirse na Escola de teatro xuvenil que leva anos funcionando baixo a dirección de Clara Gayo. Esta actividade está dirixida a mocidade de 11 a 18 anos e nela búscase traballar a través do xogo dramático e rematar o curso coa dramatización cunha peza teatral. A actividade realizarase os venres de 16:30 a 18:00 horas na Casa Común de Rarís. 

A escola é de balde e para anotarse hai que enviar un correo-e a mocidade@teo.gal indicando os datos persoais, idade e un teléfono e correo electrónico de contacto. As clases comezarán o venres 8 de outubro e adoitan realizarse coincidindo co curso escolar. 

Clara Gayo é actriz, autora, educadora e directora teatral e é a persoa que dirixe esta escola de teatro para a mocidade teense. Acostumada a traballar con este colectivo formouse na Escola de Teatro e Danza Espazo Aberto en Santiago e especializouse en Interpretación e arte dramático na USC.