O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

A Escola Ecoloxista promove unha ruta polo Ulla

| compartir:

A Concellaría de Mocidade presenta unha nova actividade da Escola ecoloxista de Teo dirixida a rapazada de 12 a 18 anos.

Para esta actividade do sábado 10 de abril, escóllese unha ruta á beira do río Ulla. Trátase dun paseo para analizar fortalezas e debilidades do espazo dende unha perspectiva ecoloxista pero onde tamén hai lugar ao xogo como estratexia de aprendizaxe. Este espazo, declarado espazo protexido a nivel europeo pola Rede Natura 2000 dada a súa importancia e valor ecolóxico non deixa de ter ameazas derivadas fundamentalmente da presión humana, como son as especies invasoras, a estación depuradora ou proxectos de infraestruturas sobre o seu curso que é preciso analizar.

As participantes inscritas comezarán a ruta ás 11 horas a carón da ponte medieval de Pontevea e partirán dirección ao Xirimbao, lugar de final de ruta. Os grupos serán, seguindo a lexislación vixente, de seis participantes para o cal se ofertarán doce prazas en dous grupos diferenciados.

As persoas interesadas deben escribir un correo-e a mocidade@teo.gal cos datos da participante.

Trátase dunha iniciativa que nace coa intención de ser un lugar de encontro para a mocidade teense no que poidan achegarse á ecoloxía social.

Eco