O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

En xaneiro farase unha recollida de alimentos en Multicentro Pernas

| compartir:

Multicentro Pernas e o Departamento de Benestar únense no mes de xaneiro nunha iniciativa solidaria: unha recollida de alimentos que irá destinada ao Banco Veciñal de Alimentos.

A recollida comezará despois de Reis e cando realices compras en Pernas poderás entregar produtos nunha caixa que estará destinada ao Banco de alimentos e estará debidamente sinalizada. O ideal é entregar produtos non perecedoiros e deixámosvos unha listaxe dalgúns que poden resultar interesantes para o reparto: leite, aceite, legumes, froitos secos, conservas tanto de peixe coma de vexetais ou froitas ao natural, pasta, arroz, galletas...

O Banco de alimentos funciona grazas ao voluntariado e atende a familias cun reparto semanal no que ademais de alimentos que non se estraguen sempre se tenta engadir produto fresco como froita ou carne.

Ignacio Iglesias, concelleiro de Benestar amosa a súa confianza "en que esta campaña teña unha boa acollida como xa tivemos nas últimas semanas coa campaña de doazóns económicas para mercar xoguetes". O edil explique que "dende aquí queremos agradecer publicamente a todas as persoas que fixeron aportacións económicas e moi especialmente aos establecementos colaboradores: A Vagoneta Educativa, A Librería d´Ana e Multicentro Pernas".

compra