Educación e BolboreTea realizan unha campaña de difusión sobre o Asperger

18-02-2021
bolboretea

A Concellaría de Educación, dirixida por Mayte Argibay, en colaboración coa Asociación BolboreTEA de Familias Teenses para a neurodiversidade, aproveitan o 18 de febreiro, día Internacional do síndrome de Asperger, para difundir entre a veciñanza esta realidade que viven moitas familias. 

A través da campaña Teo pensa en azul, quérese sensibilizar desta realidade á poboación xeral e especialmente aos sectores que integran a comunidade educativa. Segundo indica a concelleira "estamos seguros de que coa colaboración de todos acadaremos unha maior integración das persoas con síndorme de Asperger". Esta é unha acción que terá continuidade durante o ano con outras actividades relacionadas con este tema. 

Ademais de aproveitar esta data para difundir e falar dunha problemática coa que se atopan moitas familias, dende a Concellaría vaise realizar un reparto de libros sobre este tema dirixidos ás bibliotecas municipais e aos centros escolares. Trátase de facilitar o acceso á información sobre esta realidade para aquelas persoas que o precisen por razóns persoais ou profesionais. 

Está previsto tamén que durante o este ano 2021 se poidan organizar charlas e mesas redondas nas que poidamos contar con expertos nesta materia que axuden a que a sociedade teña unha maior coñecemento deste síndrome e, deste xeito, acadar unha maior sensibilidade coas persoas que o padecen. O Síndrome de Asperger forma parte dos Trastornos do Espectro Autista (TEA). 

Esta mañá representantes da Asociación BolboreTea estiveron no Concello, onde puideron ver o material que se vai distribuír dende a Concellaría de Educación.