O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Doce establecementos de Teo ofertan menú de entroido

| compartir:

A hostalaría adáptase á situación que nos toca vivir pola crise sanitaria. E en tempo de entroido, ata 12 establecementos da Hostalaría de Teo, presentan o seu menú especial para levar. Trátase dun menú, na maioría dos casos para recoller no local centrado no cocido e nas filloas e orellas típicas destes días. Sen embargo cada un establece a súa oferta, coas súas peculiaridades, e tamén o seu prezo. Así podemos atopar pratos de lamprea, bandullo, tostas, empanadas pero na maioría ofértase cocido completo ou simple. Este servizo funcionará do 13 ao 21 de febreiro e en todos recomendan que os encargos se realicen con antelación. 

Consulta aquí o cartel con todos os locais participantes 

Os doce locais que ofertan o menú de entroido están en Calo, Cacheiras, Luou e Reis. 

Listado de establecementos co menú: 

A Concellaría de Desenvolvemento Local e Turismo impulsa esta iniciativa en colaboración coa hostalaría teense. 

directorio