O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Deporte en Nadal e inscrición na campaña de esquí

| compartir:

A Concellaría de Deportes oferta actividades para este mes de decembro. Serán durante as vacacións escolares e poderemos achegarnos á práctica do hóckey patíns e do tenis de mesa

A actividade de tenis de mesa farase no pavillón de Calo os días 27, 28 e 29 de decembro de 11 a 13 horas para rapazada de 8 a 16 anos. O custo desta actividade é de cinco euros para gasto de material. A inscrición hai que facela cubrindo a ficha de inscrición que podes descargar aquí e enviándoa a deportes@teo.gal

Tamén se fará unha xornada de difusión de hóckey patíns o 19 de decembro, de 16 a 19 horas, no pavillón dos Tilos para nenos/as de 4 a 12 anos. Para anotarse hai que enviar a ficha que podes descargar aquí a deportes@teo.gal debidamente cuberta. 

Campaña de esquí da Deputación 

E dende Deportes tamén se informa da Campaña de esquí da Deputación da Coruña. O Concello de Teo disporá de 10 prazas para nenos/as de idades entre os 12 e os 15 anos inclusive (cumpridos a 31 de decembro de 2021). A inscrición está aberta do 30 de novembro ao 14 de decembro e para formalizala hai que entregar a ficha de inscrición no Rexistro ou por Sede Electrónica. 

A rapazada de Teo terá a viaxe dende o 28 ao 31 de xaneiro do 2022 e visitarán Valgrande-Pajares en Asturias. O custe desta actividade é de 85 euros e daráselle prioridade aos nenos/as que nunca participaron nesta campaña. 

Máis información sobre a campaña de esquí e a ficha de inscrición premendo aquí

 

deporte en nadal

 

deporte en Nadal

Arquivos descargables