Cultura convídate a celebrar o Día de Rosalía nas redes

19-02-2021
rosalía en dous minutos

A Concellaría de Cultura lanza a iniciativa "Rosalía en 2 minutos" para conmemorar o día de Rosalía, que se celebra o 24 de febreiro. Se queres recitar un texto ou poesía de Rosalía de Castro podes gravarte en vídeo e envialo ata o 22 de febreiro para compartilo dende as redes sociais de Cultura. 

A idea é que calquera se poida gravar co móbil lendo algunha peza de Rosalía cunha duración de ata dous minutos. Unha vez feito debe enviarse a bibliotecatilos@teo.gal cos datos de contacto. Os vídeos serán publicados do 22 ao 28 de febreiro nas redes sociais de Cultura para conmorar a data de nacemento da autora. 

Haberá un agasallo sorpresa para as persoas participantes que se poderá recoller nas bibliotecas municipais.