Corte de auga en varias parroquias por rotura de tubaxe

22-10-2021
Augas

(EDITADO) Augas de Teo informa que vén de producirse unha rotura dunha tubaxe na rede xeral de abastecemento de auga na zona de Recesende. Esto vai provocar cortes no subministro de auga nas parroquias de Calo, Luou, Oza, Cacheiras, Lucí e Recesende ata que a rotura quede arranxada. O problema foi provocado por unha obra particular allea ao Concello. 

Nestes momentos os operarios do servizo municipal de Augas de Teo xa están traballando na zona para que quede solucionado o antes posible, aínda que dende o servizo estiman que o tempo de arranxo será longo. Lamentamos as moletias que vai ocasionar este incidente. 

Unha vez se arranxe haberá que facer traballos de purgado na rede polo que igual durante unhas horas a auga sae con máis turbidez do habitual. 

Lembramos que o teléfono de avarías e avisos de Augas de Teo é o seguinte: 619 615 125.

Previsión

Augas de Teo informa que se prevé recuperar o abastecemento de auga a partir das 18:00 horas. Unha vez recuperado os operarios seguirán traballando en purgar a rede para que non saia turbia.