O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Convócase o pleno ordinario do mes de outubro

| compartir:

O mércores 27 de outubro celébrase o pleno ordinario deste mes ás 20:00 horas no salón de plenos. O debate plenario terá lugar en horario de tarde como é habitual. Poderase ver en directo a través da canle de youtube do Concello premendo aquí.

Orde do día do pleno: 

  1. Aprobación da acta da sesión ordinaria do 28/07/2021. 
  2. Dación de conta das resolucións da alcaldía (da 1026/21 á 1115/21). 
  3. Dar conta da resolución da alcaldía do 4 de outubro de 2021 (Res. 1049.21) de cese e nomeamento de membros da Xunta de Goberno Local. 
  4. Dar conta da resolución da alcaldía do 4 de outubro de 2021 (Res. 1050.21) de cese e nomeamento de tenentes de alcalde. 
  5. Dar conta da resolución da alcaldía do 4 de outubro de 2021 (Res. 1051.21) de delegacións en concelleiros/as. 
  6. Ditame da proposta de alcaldía de interposición de recurso contencioso-administrativo contra a resolución de necesidade de ocupación dun ben necesario para o desenvolvemento dos traballos da concesión da explotación Casalonga. 
  7. Ditame da moción do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE sobre a creación dunha comisión informativa especial sobre a canteira da Casalonga. 
  8. Ditame da moción do Grupo Municiapl do BNG sobre o anteproxecto de lei de mellora de xestión do ciclo da auga. 
  9. Ditame da moción do Grupo Municipal do BNG de proposta de adhesión á iniciativa xabarín do Parlamento de Galicia. 
  10. Mocións.
  11. Rogos e preguntas. 

 

pleno