Comeza unha nova edición do Vives Emprega en liña

19-01-2021
vives

O Concello, a través do Departamento de Benestar, abre a inscrición dunha nova edición do programa Vives Emprega. As circunstancias da crise sanitaria obrigan, de novo, a que a actividade sexa en liña. As persoas interesadas en participar poden escribir a veiras@accioncontraelhambre.org ou chamar ao teléfono: 629.563.058 onde os atenderá Victoria Calvo, que dirixe as sesións. 

O Vives Emprega é un programa para apoiar a búsqueda de traballo de persoas en desemprego ou en situación de precariedade laboral. No Vives terán sesións coas que poidan desenvolver as súas competencias para o emprego ademais de traballar a motivación, a comunicación ou a negociación a través de ferramentas de empoderamento ou intermediación con empresas. 

Entre as ferramentas das que se dota ás persoas participantes está saber preparar un bo currículo ou facer unha boa entrevista, aínda que a maior parte do progama se centra en tomar conciencia das potencialidades das persoas aspirantes así como coñecer os obxectivos profesionais que queren acadar. 

O programa realízase en colaboración con Acción contra el Hambre e dende a dirección do mesmo destacan que ao ter que traballar en liña as persoas que desexen participar deben ter unhas competencias dixitais mínimas para poder aproveitar a formación.