O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

As árbores de Noso convídante a percorrer Teo

| compartir:

As árbores de Noso, elementos centrais na programación de Nadal do Concello, quedaron inauguradas os días 10 e 11 de decembro e xa contan con numerosos adornos achegados pola veciñanza. As árbores de Noso son sete estruturas de madeira feitas en Teo por un artesán local, Rodrigo Mosquera, e localizadas en lugares comerciais do noso Concello.

Pero a maiores foron deseñadas para ser un xogo para as familias. Cando visitas unha árbore, e te identificas a través do código QR que atopas nela rexístrase a túa visita. Unha vez rexistrada recibes un código. A continuación volves a ler o QR e pídeche o código que recibiches no correo. E recibes unha mensaxe na que che informa que xa visitaches esa árbore. Ao completares a visita ás sete árbores remata o xogo e ganas unha lámina tamén feita en Teo pola artesá Xiralúa !

As árbores están instaladas nos Tilos, Montouto, Cacheiras, A Ramallosa, Pontevea, Luou e Calo. 

E se vos animades a facer o xogo e percorrer o territorio tamén podedes seguir levando adornos e deste xeito continuamos coa decoración comunitaria que comezou esta fin de semana. 

Animación ao carón das árbores

Nos vindeiros días as ábores tamén terán animación dirixida a público familiar. O sábado 18, o Apalpador visitará a ruta Apego en Pontevea de 12:00 a 14:00 h e de 16:00 a 18:00 h; o domingo 19 teremos mercado de Nadal nos Tilos de 11:30 a 19:30 horas con noria para as crianzas. O venres 24 en Cacheiras e Montouto teremos un pasacalles de música e espectáculo de cabezudos e gaiteiros ás 16:30 horas, Os apalparoriños, e o martes 28 teremos fotomatón de Nadal, na Casalonga de 11:30 a 13:30 e en Luou de 14:30 a 16:30 h.

As “árbores de noso” terán ademais Cantos de Nadal con actuacións na rúa de coros do Concello nos seguintes horarios: 

  • 23 de decembro na Casalonga ás 19:15 h grupo da SR San Xoán de Calo. 
  • 23 de decembro en Pontevea ás 20:00 h grupo da Ponte Vella.
  • 23 de decembro en Luou ás 20:00 h grupo da AC A Mámoa de Luou.
  • 28 de decembro en Cacheiras ás 20:30 h AC Rosalía de Castro.
  • 30 de decembro nos Tilos ás 19:15 h grupo da SR San Xoán de Calo. 
  • 30 de decembro en Montouto ás 20:00 h grupo da Mámoa de Luou. 

Campaña do comercio

Ata o 10 de xaneiro está funcionando tamén a campaña de apoio ao comercio local que repartirá un total de 128 vales de 50 euros para gastar de novo nalgún dos comercios adheridos. Contamos con 70 locais de Teo, tendas e hostalaría, na que podedes aproveitar para mercar os vosos agasallos e levar premio! 

Máis información sobre a campaña de apoio ao comercio premendo aquí

 

 

árbores