Ábrese a selección para unha nova edición do Vives Emplea

22-07-2021
Vives emplea

O Concello pon en marcha unha nova edición do Vives Emplea, en colaboración coa entidade Acción contra el Hambre. Trátase dun programa dirixido a persoas desempregadas, orientado a aumentar a motivación na búsqueda de traballo ademais de mellorar as competencias e habilidades das persoas desempregadas. A través do traballo en equipo búscase por en valor as capacidades das persoas participantes para que poidan acadar os seus obxectivos.

En Teo trabállase na selección de aspirantes para comezar en setembro con prazas limitadas. As persoas interesadas poden chamar ao 629.563.058 ou escribir a veiras@accioncontraelhambre.org. Tamén podes inscribirte en www.vivesemplea.org

As sesións do Vives Emplea teñen tamén unha parte moi importante de contactos directos con empresas, eventos de emprego ou talleres con persoal de recursos humanos, todo enfocado a mellorar as condicións para atopar un emprego. A pesares de que antes as formacións eran presencias a situación derivada da covid fai que neste momento o programa vaia ser semipresencial.