O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Abre a inscrición das actividades de envellecemento activo

| compartir:

O programa de envellecemento retoma a maioría da programación presencial e abre as inscricións, do 1 ao 13 de outubro. “Recuperamos a maioría das actividades presenciais, despois de máis dun ano de actividade interrumpida pola pandemia”, indica Ignacio Iglesias, concelleiro da área.

Nos meses da pandemia, a oferta pasou da interrupción total a ir recuperando as clases en liña. Neste curso, a aposta é volver a unha programación presencial, agás nalgunhas disciplinas nas que se optou polo traballo a distancia. Recalcou amais Ignacio Iglesias, a importancia de “volver a unha actividade social para o colectivo de persoas maiores, tentando que manteñan actividade física e de estimulación cognitiva”.

A oferta abrangue exercicios para persoas con enfermidades crónicas, en Cacheiras; estimulación cognitiva e memoria en Cacheiras, Solláns e Vilariño; estimulación cognitiva para persoas con alzhéimer en Cacheiras: e ximnasia terapéutica en Cacheiras, Calo, Francos, Lampai, Luou, Os Tilos, Lucí, Rarís e Vilariño. Ademais, teremos pintura en Lucí e encaixe de palillos no Auditorio Municipal Constante Liste; e as actividades de piscina na instalación da Ramallosa, cun prezo de 6 € ao mes.

A oferta completa pódese consultar premendo aquí ou nas oficinas municipais. As clases estarán condicionadas á normativa covid, para garantir a seguridade dos participantes. As persoas interesadas poden anotarse ou solicitar información no 981 80 97 07.

envellecemento activo

envellecemento activo

Arquivos descargables

Attachment Size
ActivaTeo 2021.pdf 2.67 MB