Teo ten 82 casos activos por covid-19 (a data 3 de novembro)

03-11-2020
covid

A xerencia da área sanitaria de Santiago comunicaou esta mañá ao Concelo que temos 82 casos activos por Covid-19

Este dato, sendo moi elevado e preocupante, corrixe o dato de onte onde se comunicaron 101 positivos. Segundo informaron hoxe mesmo dende Sanidade o dato remitido onte de 101 era erróneo. O dato de positivos de onte luns 2 de novembro eran 74 positivos. 

A información sobre os casos activos son sempre información de Sanidade da Xunta de Galicia. 

A Xunta mantén o peche perimetral do Concello, xunto cos Concellos de Ames e Santiago e outras medidas restrictivas por mor da evolución da crise sanitaria. Unha das máis importantes é que en Teo só se pode estar con persoas convivintes. Máis información premendo aquí