O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O espazo de convivencia do Concello de Teo está concebido como un espazo que serve de chamada para o respecto dos dereitos das persoas que non son heterosexuais, ou que o seu sexo autopercibido non coincide co determinado bioloxicamente. O respecto pola diversidade sexual é unha das características básicas nunha sociedade democrática xusta. A identificación deste recuncho ao pé dun gran carballo centenario, e pegado ao cruceiro de Francos e a antiga escola construída pola República, faise a través de dous bancos pintados coas cores do arco da vella, un, e o outro coas cores reivindicativas do movemento de persoas transexuais, o branco, o rosa e o azul.
Entendemos necesario que as persoas que transiten por Teo perciban que neste concello somos respectuosos, abertos e diversos, por iso aproveitamos este anaco do Camiño Portugués, o segundo máis transitado despois do Francés, para que as persoas peregrinas que cheguen a Santiago de Compostela o fagan cunha mensaxe de diversidade nos seus ollos.