SUSPÉNDESE o mercado do alimento labrego dos Tilos a petición da Garda Civil

20-03-2020
mercados

Diante da situación actual do estado de alarma a Garda Civil solicitou á alcaldía do Concello de Teo que se suspenda o Mercado do alimento labrego que se celebra cada sábado nos Tilos. Como este mercado é de produtos de alimentación, recollidos como de primeira necesidade na norma estatal que decreta o estado de alarma, estaba prevista a súa celebración. Sen embargo o Concello atende a petición das autoridades e non se celebrará. 

Antes da citada petición dende o Concello xa se lle achegaran indicacións aos responsables dos postos para minimizar os riscos nesta situación de crise sanitaria polo Covid-19.