O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Retómanse os servizos de asesoramento eléctrico e o Punto de atención catastral

| compartir:

No Concello vanse retomando os servizos habituais e neste mes de xullo xa volve a funcionar o punto de atención catastral e o servizo do Punto de Información Eléctrica (PIE). Os dous servizos funcionarán sen cita previa pero garantindo as normas de seguridade e as persoas que acudan a eles deben usar mascarilla. 

O martes 14 de xullo retómase o servizo do Punto de Información Eléctrica (PIE) no Concello. Será os martes de xullo, de 10:00 a 12:00 horas no salón de plenos da Casa do Concello. Trátase dun servizo de balde para asesorar sobre o gasto eléctrico, facturas...  Para poder aproveitar o servizo é convinte achegarse coas copias das facturas dos últimos meses para poder avalialas. Funcionará o martes 14, 21 e 28 de xullo. Durante o mes de agosto non estará operativo e recupérase en setembro. Tamén está operativo un correo electrónico deste servizo a través do que se poden realizar consultas e xestións. O enderezo é pie@teo.gal. 

Información catastral

Pola súa banda os venres xa está funcionando o servizo de apoio ás xestións catastrais que funciona os venres pola mañá no salón de plenos do Concello en horario de 09:00 a 14:00 horas, agás na última semana do mes que a atención se fai o sábado na Aula de informática municipal. Grazas a este punto de atención pódense tramitar expedientes de alteracións de orde física e económica (modelos 901N, 902N, 903N e 904N) no Catastro de Rústica e Urbana, sexa por alteración de propiedade, obra nova, rehabilitación, reforma, ampliación, agregación, segregación, demolición ou derrube, cambio de uso, etc 

Deste xeito a veciñanza de Teo non ten que desplazarse a Coruña para determinadas xestións. O servizo é de balde. 

No mes de xullo os días de atención serán os venres 17 e 24 e en agosto o sábado 1 e os venres 7, 14, 21 e 28. 

 

 

bombilla