Reabre o prazo de admisión do alumnado nos centros escolares

08-05-2020
pencil

Dende a Concellería de Educación, informamos que se RESTABLECE O PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO de 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundarria obrigatoria e Bacharelato, en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2020/2021. 

O prazo de admisión será do 11 ao 18, ambos incluídos. 

Podes consultar aquí a resolución publicada no DOG

E premendo aquí podes descargar o fragmento da orde relativa ao prazo de admisión

Nas páxinas web dos colexios podes atopar información máis concreta ademais das recomendacións de seguridade coas que acudir a cada centro.

CEIP A Ramallosa

CEIP Os Tilos

CEIP A Igrexa-Calo