O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Queremos un Nadal con agasallos para todas as crianzas

| compartir:

O programa de educación familiar do Concello, dependente da Concellaría de Benestar, quere un nadal con agasallos para toda a infancia teense. E para eso buscamos a colaboración e a complicidade da veciñanza que, nesta ocasión, pode facer de “paxe real”. Trátase de que todas as crianzas poidan ter regalos nestas festas.

As persoas que queiran colaborar poden facer contribucións de 15 euros en tres establecementos comercias de Teo: Multicentro Pernas, a Librería d´Ana e A Vagoneta Educativa. O importe recadado retirarase en agasallos destas tendas. O Concello agradece a implicación destes comercios neste programa.

As persoas interesadas en colaborar poden facer as doazóns ata o 20 de decembro.

Para máis información pódense dirixir a servizossociais@teo.gal ou o teléfono 981809707.

Nadal con agasallos