O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O programa de envellecemento activo recupera a actividade

| compartir:

O programa de envellecemento activo do Concello recupera a actividade que quedara suspendida dende mediados de marzo pola declaración do estado de alarma. Segundo indican dende a área de Benestar este tempo de inactividade rematará ao longo deste mes coa recuperación paulatina da actividade. 

Esta recuperación estará supeditada aos límites que marcan as normas sanitarias e as distintas regulamentacións para previr a transmisión da pandemia provocada por este coronavirus. As clases de pintura, palillos, ximnasia para persoas con enfermedades crónicas e memoria van conxugar a modalidade presencial e a virtual. En todos elas as sesións presencias reducen a súa frecuencia, duración e aforo, e  están pensadas para reforzar as actividades telemáticas, e aumentar o apego a actividade despois deste prolongado tempo de suspensión.

As actividades de ximnasia teñen maiores dificultades para conxugar a parte presencial e a telemática, xa que non se pode seguir nos memos espazos e cos grupos que viñan funcionando ate o momento. Nestas semanas vanse a reestruturar todos os grupos, procedendo ao cambio de horarios e lugares que permitan atender as persoas interesades coa máxima seguridade.

Para todos estes cambios os monitores estanse poñendo en contacto cos e cas asistentes para ver o seu interese e posibilidades de cambio.

Esta nova organización continuará ate o mes de decembro que remata o curso e se planifique, en función da situación sanitaria, o programa de envellecemento activo para o novo ano 2021.

envellecemento activo