O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O programa Apego ofrece un obradoiro de masaxes para bebés

| compartir:

O programa Apego ten previsto desenvolver no mes de febreiro un obradoiro de masaxes, impartido por Verónica Couselo os venres 14 e 21, en horario de 17:00 a 19:00 horas, na Biblioteca dos Tilos. A el poden acceder ata 8 familias con bebé ou
na espera de telo. As persoas que asistan ao obradoiro poderán coñecer os beneficios das masaxes para bebés, masaxe shantala e para cólicos e estrinximento, así como primeiros auxilios básicos e realizar prácticas de como facelos de maneira adecuada.

As inscricións poden realizarse a partir do 1 de febreiro enviando o nome completo das persoas asistentes ao enderezo-e politicalinguistica@teo.gal. A orde de chegada dos correos determinará a entrada das persoas a cada actividade. 

As familias con crianzas de ata 6 anos ou na espera dun bebé que desexen pertencer á comunidade Apego e recibir o agasallo de benvida poden visitar o Servizo de Normalización Lingüística, na Casa do Concello, enviar un correo electrónico a politicalinguistica@teo.gal ou visitar a paxina web https:\\apego.gal e cubrir o formulario que encontrarás na pestana “súmate”

oradoiro masaxes