O pleno ordinario de xaneiro votará un REC

27-01-2020
casa do concello

A corporación teense reúnese este mércores 29 de xaneiro nunha sesión ordinaria. O debate plenario terá lugar en horario de tarde, ás 20:00 horas, no Salón de Plenos da Casa Consistorial, na Ramallosa, co fin de facilitar a asistencia das persoas interesadas. Tamén se poderá ver por streaming a través da canle de youtube do Concello premendo aquí

Un dos asuntos que deberá acordar o pleno é a aprobación ou non dun recoñecemento extraxudicial de crédito para poder pagar facturas que quedaron fóra do último orzamento. O importe do REC é de 442.000 euros e recolle sobre todo facturación eléctrica. 

A orde do día ten os seguintes puntos: 

  1. Aprobacións das actas das sesións de 27.11.19, 16.12.19 e 23.12.19. 
  2. Dar conta das resolucións da alcaldía (da 1039/19 á 54/2020).
  3. Ditame da proposta da alcaldía de aprobación definitiva da desafectación de camiño público na Grela-Lampai. 
  4. Ditame da proposta da alcaldía de recoñecemento extraxudicial de crédito. 
  5. Ditame da moción do grupo municipal do BNG sobre a mellora da sanidade pública. 
  6. Proposición da alcaldía de aprobación do convenio do Ministerio do Interior para o cumprimento de penas de traballo en beneficio da comunidade. 
  7. Mocións. 
  8. Rogos e preguntas.