
O Concello recuperou este mes de setembro a edición e reparto do Informateo, que quedara interrumpida en marzo pola declaración do estado de alarma e a anulación das actividades non esenciais. Na medida en que estes meses foron de escasa actividade e axenda de actos acordouse non editar este boletín de información municipal.
Descarga aquí o Informateo de setembro.
Coincidindo co mes de setembro retómanse actividades e tamén se publica a oferta das escolas culturais, deportivas, ou datas de novos roteiros e programas como o IV ciclo para maiores da USC que se vai celebrar en Teo. Destas e doutras actividades xa informa o número deste mes.
Ademais desta información máis de axenda recóllense outras actuacións como a limpeza da finca da Tomada en Calo, a mellora do parque da Casalonga, as obras que se van realizar no local da Pontevella en Reis ou o remate da área de pernocta de autocaravanas no Xirimbao.
A nova edicións do Delas Fest, o servizo de conciliación Teo Madruga ou a limpeza do río prevista para o 27 de setembro son outros tema que aparecen neste número. Tamén podes consultar a axenda do mes de setembro premendo aquí
Axenda asociacións
No mes de setembro tradicionalmente tamén se recolle a axenda de actividades e clases ofertadas polas asociacións. Podes consultalas premendo aquí.
Axenda SR de Calo
Por un erro na redacción neste número non se incluiu a oferta da SR de Calo. Aparecerá no Informateo de outubro.
Podes consultar a oferta da SR S. Xoán de Calo a continuación:
- ESCOLA DE MÚSICA: Iniciación á música e solfexo. Martes de 18.00 a 19.00 h e venres de 16:30 a 19:30 h. Instrumentos. Vento-metal, vento-madeira e percusión. Xoves de 18:30 a 19:30 h e venres de 16:30 a 19:30 h. Banda. Sábados de 11:30 a 13:30 h.
- ESCOLA TRADICIONAL: Gaita e percusión persoas adultas iniciación. Luns de 20:00 a 21:00 h. Baile persoas adultas iniciación. Sábados de 21:00 a 22:00 h. Pandeireta e canto persoas adultas. Sábados de 19:00 a 20:00 h. Pandeireta e canto nenos/as. Sábados de 18:00 a 20:00 h. Gaita e percusión nenos/as. Sábados de 18:00 a 20:00 h. Baile nenos/as inic. Sábados. 18:00 a 20:00 h. Baile tradicional. Luns de 21:00 a 22:00 h. Banda tradicional. Mércores de 20:30 a 22:30 h.
- INICIACIÓN AO TEATRO PARA INFANCIA E PERSOAS ADULTAS: Hora e día por concretar.
- CORAL POLIFÓNICA: Hora e día por concretar.
- DEPORTES: Sesións de preparación dos equipos das distintas categorías de idade de fútbol e fútbol sala da S. R. Calo. De luns a venres de 18:00 a 23:00 h. Información en srcalo@srcalo.com