O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O Fopia e o Clia de Teo renovarán os seus cargos de xeito telemático

| compartir:

O ano da Covid-19 impón cambios inevitables. E a tecnoloxía axúdanos a minimizar algunhas das novas circunstancias coas que nos atopamos. Deste xeito este curso a formación nos centros educativos sobre o programa Cidades Amigas da Infancia e a renovación de cargos do FoPIA e CLIA farase de xeito telemático. Teo é unha Cidade Amigas da Infancia, título outorgado por Unicef. Esto conleva a participación da infancia e adolescencia de Teo naqueles temas que lle interesan.

O Fopia é o Foro de Participación da Infancia e adolescencia e o Clia o Consello local da infancia e adolescencia. Trátase de órganos formados por xente moza do Concello e con representación tamén institucional xa que estas ferramentas deben servir para que as autoridades escoiten aos máis novos/as e cales son as súas principais demandas.

O próximo luns 9 de novembro realizarase unha xuntanza do Fopia de cara a preparar a reunión do CLIA o 20 de novembro, coincidindo co Día Internacional da Infancia. A mocidade que queira participar nestas xuntanzas deben inscribirse mediante un formulario que podes descargar premendo aquí e envialo cuberto a educacionfamiliar@teo.gal. O prazo para anotarse na xuntanza telemática do Fopia remata o 9 de novembro. Poden participar as persoas dende 6º de primaria ata os 17 anos. 

Unha vez recibida a inscrición enviaríaselles ás familias a ligazón para a conexión telemática da xuntanza. Nesta reunión será onde se decidan os/as participantes do CLIA 

Dende Benestar, que coordina este programa, explican que durante este curso o traballo centrarase no dereito á saúde e a un medio ambiente saúdable, dada a situación da COVID e de emerxencia climática. UNICEF tamén promove que se traballe a partir da actividade #AoMeuEuDo2030 na que se invita á infancia e adolescencia a escribirlle ao seu eu de dentro de dez anos para reflexionar cómo serán daquela, qué estarán fancendo, o que desexan... Máis información na seguinte ligazón: https://ciudadesamigas.org/dia-universal-de-la-infancia-20n/

Dende o Concello tamén se achegará material informativo aos centros escolares sobre o dereito á saúde como se fixo en anos anteriores cando se abordou o dereito á igualdade e a non discriminación.

mundo

Arquivos descargables

Attachment Size
formulariofopia.pdf 50.6 KB