O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O Concello organiza un Mercado de produtos artesáns nos Tilos na véspera do Nadal

| compartir:

Nos días previos ao Nadal realizarase un mercado de produtos artesáns nos Tilos impulsado pola área de Desenvolvemento Local e Turismo. O mercado será na praza circular dos Tilos os días martes 22 e mércores 23 de decembro de 17:00 a 20:30 horas. Segundo indica a concelleria, María López, "será un momento para coñecer mellor a nosa artesanía e produto local e tamén facer os últimos encargos de agasallos de Nadal". 

A oferta do mercado buscará que as persoas que se acheguen, ademais de mercar algún produto, poidan dar un paseo agradable e desfrutar de tempo de ocio polo que ademais de postos de venda de artesanía e mercado labrego haberá postos de alimentación e bebida quente así como animación musical e algún xogo para os/as máis pequenos/as da casa. No mercado haberá espazo ademais para o produto labrego do mercado dos sábados xa que se venderán cestas preparadas para regalo con un variado dos distintos postos de alimento labrego: vexetais, froitos secos, ovos....  

No mercado de Nadal dos Tilos poderemos atopar os seguintes postos:

"Teremos unha oferta variada de produto de calidade nun evento que comezamos este ano pero estamos seguras de que se vai afianzar e repetir en futuras edicións" indica a concelleira.   

Spacio B, artesana tamén de Teo, está colaborando no deseño do espazo xunto ao persoal de Desenvolvemento Local e Turismo. 

Esta actividade enmárcase dentro da campaña de apoio ao comercio local deste Nadal "Tamén no Nadal coidamos do Local" nunha aposta clara polo consumo de proximidade. Na campaña xeral premiaranse as compras en Teo cun sorteo de vales por valor de 5.000 euros. Máis información premendo aquí

mercado tilos