O Concello amplía o prazo ata o 17 de febreiro para a inscrición para unha nova edición do curso de graduado en ESO

16-01-2020
lapiz

(EDITADO) Respecto da inscrición no curso de preparación das probas para a obtención do título de Graduado en ESO acórdase ampliar o prazo de inscrición ata o luns 17 de febreiro. Ata o momento non se cubriron as prazas necesarias para realizalo polo que se decidiu ampliar o prazo para ver se deste xeito se chega ao mínimo de 15 solicitudes establecido. 

As persoas interesadas deben entregar a ficha de inscrición entre o 17 de xaneiro e o 17 de febreiro (ambos incluídos) no Rexistro Xeral do Concello. Xunto coa solicitude, que podes descargar aquí, hai que presentar unha copia do DNI. 

O curso de preparación das probas para a obtención do título de Graduado en ESO comenzará a mediados de febreiro de 2020 e terá unha duración de seis meses. As clases impartiranse na Casa Común de Oza en horario de 20:20 a 22:40 de luns a venres. Está dirixido a todas aquelas persoas que cumpriran os 18 anos durante o 2019 e que non dispoñan do título. 

A admisión no curso, para o cal se dispoñen 35 prazas, efecturarase orde de entrada da solicitude no Rexistro Xeral do Concello, tendo preferencia as persoas empadroadas no Concello de Teo. Establécese un número mínimo de 15 persoas inscritas para a realización do curso. No caso de non acadalo non se poñerá en marcha.

As instancias poden descargarse premendo aquí ou nas oficinas municipais. 
 

Arquivos