O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O Concello abrirá varios parques infantís

| compartir:

O Concello de Teo abrirá o luns 22 varios parques infantís e pistas deportivas con información sobre o aforo de cada unha das instalacións e un recordatorio das medidas de de prevención que os/as usuarios/as deben manter neste período da nova normalidade. 

Os parques infantís que se van abrir son os seguintes: Os Tilos, Montouto, Calo, A Ramallosa e Reis. As áreas deportivas que se poden usar dende o luns 22 sen reserva previa son: Calo, Montouto e Os Tilos. Nestes casos farase unha desinfección diaria. 

O resto dos espazos infantís e áreas deportivas permanecerán pechadas polo momento. A Xunta de Galicia no DOG do sábado 13 de de xuño establece unhas condicións para o uso dos espazos infantís que dificultan que neste momento se poidan abrir todos os parques do Concello. 

O aforo dos parques que van estar abertos son os seguintes: 

  • Calo: 43 persoas. 
  • Os Tilos: 90 persoas. 
  • Montouto: 80 persoas. 
  • Reis. 40 persoas. 
  • Ramallosa: 30 persoas.  

Ademais de observar o aforo as persoas que fagan uso destes espazos deben lembrar a obrigatoriedade do uso de mascarilla para os/as maiores de 6 anos se non se pode manter a distancia de metro e medio, o lavado frecuente ou desinfección das mans e por suposto manter a distancia social. 

No caso das áreas deportivas pódese solicitar o uso doutros espazos poñéndose en contacto do Departamento de Deportes no correo electrónico: deportes@teo.gal onde se lle indicarán as condicións de uso. 

parque Reis

Arquivos descargables

Attachment Size
ResolucionDOG_13xuño_novanormalidade.pdf 826.07 KB