O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Mocidade comeza o ano cun obradoiro de fotografía co móbil

| compartir:

A concellaría de Mocidade, dirixida por María López, inicia o 2020 cunha programación estable para a rapazada. A concelleira explica que “queremos ter unha oferta dalgunha actividade mensual de interese para a mocidade, que poidan desfrutar de tempo de lecer no concello, polo que a programaremos para algún sábado de mediados de cada mes”. 

QuedaTeo

O programa QuedaTeo xoga coa idea de quedar coas amizades no seu propio lugar de residencia. Comezará este xaneiro cun obradoiro de fotografía co móbil e continuará nos meses seguintes con actividades de voo de drons e un xogo de escape room. As actividades son de balde. O obradoiro de fotografía co móbil será o sábado 18 na Casa Común dos Tilos de 19:00 a 21:30 horas. 

Impartido por Illa Bufarda, está dirixido a rapazada entre 12 e 16 anos. Para participar non é preciso ter móbil, tamén se pode acudir cunha tableta. As prazas ofertadas son 20. A inscrición abre o 2 de xaneiro, por orde de entrada, enviando o nome completo das persoas asistentes ao enderezode correo electrónico: mocidade@teo.gal.

Servizo de autobús

As actividades realizaranse en diferentes parroquias. Para paliar as dificultades de mobilidade de moita xente nova, Mocidade oferta un servizo de autobús nestes obradoiros. Segundo a demanda dos dous primeiros meses decidirase se continúa o transporte. Será preciso un mínimo de persoas interesadas. As persoas que queiran usar o bus terán que indicalo na inscrición, concretando a parada que lles interesa. O horario de recollida sería confirmado por correo electrónico.

tablet