O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Mocidade CANCELA o obradoiro de impresión en 3D

| compartir:

(EDITADO) Diante das medidas adoptadas pola Xunta de Galicia en relación coa crise do Covid-19 o Concello de Teo cancela o obradoiro de impresión en 3d previsto para o 14 de marzo e dirixido á mocidade. Está previsto volver a programar esta actividade máis adiante do que se informará na web municipal e nas redes sociais. 

A concellaría de Mocidade programa para o mes de marzo un obradoiro de impresión en 3D. Esta actividade será o sábado 14 de marzo na Aula de informática municipal en horario de 19:30 a 22:00 horas.

O taller está dirixido a rapaces/zas de 12 a 16 anos e para inscribirse poden facelo enviando un correo electrónico a mocidade@teo.gal dende o 1 de marzo ata que se esgoten as prazas. As prazas dispoñibles son 15 e o acceso farase por orde de inscrición.

O obradoiro deste mes centrarase na impresión 3D. Traballarán no ordenador os modelos en 3D para poder realizar cara o final da actividade a impresión dunha pequena peza cada unha das persoas participantes.

Haberá servizo de transporte polo que os participantes que o precisen deben indicar no correo de inscrición a parada de bus solicitada.

 

obradoiro 3d