O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Horarios dos autobuses despois do estado de alarma (actualizado con data 12 de agosto)

| compartir:

A Concellaría de Mobilidade solicitou ás empresas de transporte de viaxeiros que operan no Concello os horarios dos autobuses durante os días que dure o estado de alarma. Lembramos que durante o estado de alarma só se pode saír para realizar determinadas actividades e evidentemente para o uso do transporte público deben terse en conta as mesmas indicacións. Así mesmo, en caso de facer uso del, deben manterse as distancias de seguridade. 

As empresas que comunicaron polo momento os cambios nas frecuencias das liñas son Hedegasa-Autobuses de Calo; Seoane e A Estradense. 

Podes consultar aquí a información sobre as liñas de cada operadora. 

TEOBUS 

O TeoBus tamén recupera dende o luns 22 de xuño as súas frecuencias habituais que podes consultar premendo aquí.

Durante o estado de alarma o TeoBus mantivo as mesmas paradas e frecuencias pero só funcionou en horario de mañá.

Dende o departamento de Mobilidade municipal tamén se solicitou a Arriva as súas frecuencias en Teo neste período pero aínda non respostaron. 

Dende o Concello lembramos a importancia de quedar na casa nestes momentos de crise sanitaria. Cantos menos contactos, menos contaxios. Tamén destacamos que a información sobre as liñas de bus foron facilitadas polas empresas polo que calquera modificación que se realice non é achacable ao Concello.