O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Flexibilízanse as condicións para que os/as agricultores/as poidan realizar os desprazamentos ás súas leiras

| compartir:

O Diario Oficial de Galicia (DOG) de hoxe, martes 28 de abril, publica unha Orde da Consellería de Medio Rural que afecta directamente aos desprazamentos que se poden realizar para traballar as hortas, tanto as persoas agricultoras profesionais (dadas de alta no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia -REAGA-), como as persoas que teñan hortas ou cultivos de autoconsumo.

Consulta aquí a orde completa

Para a xustificación dos desprazamentos das persoas agricultoras profesionais é suficiente coa inscrición da explotación no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga), extremo que poderán comprobar os axentes da autoridade.

Respecto das persoas que teñan cultivos ou viñedos considerados de autoconsumo, é dicir, con fins non comerciais e, polo tanto, non desenvolvan unha actividade profesional agraria, poderán realizar os desprazamentos mínimos e imprescindibles para o mantemento e atención dos devanditos cultivos e viñas sempre que o desprazamento se realice dentro do mesmo termo municipal ou, de realizarse a outro termo municipal, que non supoña unha distancia superior a 5 km da súa vivenda habitual. En ningún caso poderá haber máis de dúas persoas no predio, as cales deberán respectar en todo momento as distancias de seguridade e demais protocolos de prevención establecidos pola autoridade sanitaria.

O Ministerio de Sanidade vén de publicar unha orde o 30 de abril pola que se permite a realización de actividades non profesionais de coidado e recolección de produtos agrícolas. Consulta aquí a orde completa.

Hortas urbanas municipais

O Concello tamén comunicou aos usuarios/as das hortas urbanas municipais de Cacheiras e Calo que poden volver a traballalas. Establécense límites de aforo e deben ter en conta medidas de protección contra a Covid-19.

 

cultivo