En xaneiro celébrase unha feira de saldos

08-01-2020
saldos

A Casa Común de Rarís acollerá o sábado 25 de xaneiro, entre as 17:00 e as 20:00 horas, unha Feira de Saldos na que os establecementos comerciais do municipio poderán poñer á venda existencias de roupa que non deran vendido durante a tempada. Os negocios que desexen participar poden solicitar información sobre esta iniciativa escribindo ao enderezo electrónico comercio@teo.gal.

Nesa mesma cita, o roupeiro municipal de Teo vai saldar a roupa que ten acumulada en stock. É unha iniciativa que se programa aproveitando a proximidade das festas do entroido e que ten ademais unha finalidade solidaria, posto que o custo das prendas será doado integramente ao Banco de Alimentos de Teo.