Dúas traballadoras das escolas infantís municipais están en corentena preventiva

10-09-2020
escolas infantís

O Concello de Teo informa que dúas traballadoras das escolas infantís municipais están en corentena preventiva. As dúas persoas estiveron en contacto cun positivo covid no seu ámbito persoal e están agardando a realización dunha proba diagnóstica. 

Neste momento non están traballando á espera dos resultados das probas segundo as indicacións de saúde pública. 

Ningunha delas ten síntomas compatibles coa Covid-19 neste momento. 

O curso escolar nas escolas infantís municipais de Calo, Os Tilos e A Ramallosa comezou o pasado 1 de setembro.