O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Desenvolvemento Local prepara un directorio do comercio de Teo

| compartir:

A Concellaría de Desenvolvemento Local, dirixida por María López, prepara un directorio do comercio do Concello. A idea é "ter unha guía de servizos de Teo nun momento no que é máis importante ca nunca facer un consumo responsable e de proximidade, para o que precisamos coñecer toda a oferta dos establecementos teenses" indica a concelleira. A idea é poder publicar e difundir este directorio a primeiros de decembro. 

Se tes un establecemento comercial en Teo e aínda non contactaron contigo dende o Concello podes escribirnos a comercio@teo.gal e indica no asunto da mensaxe Directorio. No correo indícanos os teus datos:  o nome do comercio, o enderezo e o sistema de contacto (teléfono e/ou enderezo electrónico). Se precisas facer algunha consulta telefónica sobre este asunto podes chamar ao teléfono 981936629.

comercio