O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Deportes informa que o Celta de Vigo non ten autorizado o uso do campo municipal de Rebordelo

| compartir:

A Concellaría de Deportes do Concello de Teo, diante das novas publicadas en redes polo equipo Real Club Celta de Vigo nas que oferta unha escola de fútbol para a tecnificación de nenos de 6 a 16 anos nas instalacións municipais do campo de Rebordelo en Calo

Informa:

  • O concello de Teo non autorizou que ningún equipo de fútbol, agás os teenses, faga uso dos campos de fútbol municipais.
  • As persoas que fagan uso dos campos de fútbol municipais teñen que estar federadas nalgún dos equipos de Teo.

Ao longo do día de hoxe comunicaráselle a clube anunciador que non pode anunciar unha xornada de portas abertas nunha instalación municipal para a que non ten autorización de uso de ningún tipo.

futbol