Cultura celebra a semana do libro baixo o lema Un libro unha aperta

20-04-2020
día do libro

A Concellería de Cultura e Educación de Teo, presenta este ano por mor das circunstancias especiais provocadas polo estado de Alarma, un programa a distancia, a través de medios telemáticos para a semana do libro con título “UN LIBRO UNHA APERTA”.

Dito programa abarcará dende o día 20 ata o 26 de abril, e contará con varias actividades que queren poñer en valor o Día do Libro, e o Día da Batalla de Cacheiras. No noso concello conmemóranse as dúas efemérides o día 23 de abril, por unha banda o día do Libro, e por outra o Día da Batalla de Cacheiras, por coincidir este día co comezo da Batalla.

Nunca antes fora tan necesario e fundamental celebrar este día dun xeito tan especial, debido ás circunstancias que están a acontecer, é agora cando lembramos a importancia dos libros nas nosas vidas, e onde cobran máis sentido que nunca, facendo comunidade, e conectando ás familias lectoras nunha época, na que a lectura axuda a paliar o illamento e a soidade.

Por este motivo, enmarcamos esta semana baixo o lema UN LIBRO UNHA APERTA, co que pretendemos simbolizar o poder da lectura nestes momentos, e transmitilo como unha caricia á alma das persoas e dos libros, como aperta que nos proporciona un refuxio e nos da afecto, consolo, e ao mesmo tempo nos da liberdade e alas á nosa imaxinación.

O programa levarase a cabo coa colaboración de varios escritores, contadores e persoas relacionadas co mundo do libro e das bibliotecas, así como cas librerías do Concello.

Achegamos programa premendo aquí e podes ver a programación detallada premendo aquí

Dentro do programa de actividades da semana do libro UN LIBRO : UNHA APERTA organizada pola Concelleria de Cultura, o martes 21 o profe de manualidades David Orihuela móstranos como facer un divertido marcapáxinas. Podes velo premendo aquí

O sábado 25 de abril, na Semana das Letras de Teo, a nosa veciña de Oza, a escritora, contadora e actriz Paula Carballeira Cabana ofreceunos un conto en liña titulado 400 camelos, adicado a tódalas familias de Teo. Unha adaptación libre dun texto do autor angolano José Eduardo Agualusa. Podes velo premendo aquí

Nas seguintes redes sociais iremos publicando e actualizando os contidos:

Blog das Bibliotecas de Teo https://mediatecadogrilo.wordpress.com/ e as seguintes redes sociais:

Facebook: https://www.facebook.com/bibliotecas.municipais.deteo

Twitter: https://twitter.com/bibliosteo

Youtube: https://www.youtube.com/channel/UCKBI95wPtlBXkUqYI-51i3A


 

Arquivos