Comeza un ciclo de charlas sobre ecoloxía e información ambiental

08-01-2020
información ambiental

Este mes de xaneiro comeza en Teo un ciclo de charlas de información sobre temas medioambientais. Esta iniciativa enmárcase na crecente presenza da emerxencia climática en todas as axendas, ao tratarse dun perigo real e cercano para o noso sistema de vida.

A primeira charla será o mércores 15 ás 19:30 horas na Casa do Concello. Tratará sobre a plantación masiva de eucaliptos nos nosos montes. Un biólogo explicará as consecuencias ambientais da actual política de plantacións. Joám Evans, da entidade Verdegaia, abordará a problemática social. E Gonzalo Rodríguez, profesor universitario, exporá cal é o custo real da plantación masiva desta especie.

Para o mércores 22, tamén ás 19:30 horas no Concello, está programada a segunda charla. Nesta ocasión o profesor universitario Pablo Meira detallará que é a emerxencia climática e que riscos e perigos traerá se non a damos detido. As dúas intervencións precederán a unha quenda de preguntas, dúbidas e debate, que procura a posibilidade de chegar a novas conclusións. Para participar nestas charlas como público non é preciso anotarse.