Cinco colexios electorais cambian a súa ubicación para as eleccións do 12 de xullo

23-06-2020
eleccions

As eleccións ao Parlamento Galego deste 12 de xullo traen cambios de ubicación en varios colexios electorais do Concello. As necesidades derivadas da crise sanitaria da Covid-19 obrigan a cambiar algúns locais para poder garantir condicións de espazo suficiente para a distancia social así como entradas e saídas diferenciadas nos distintos colexios. Trátase de garantir que nesa xornada o fluxo de xente se realicen sen risco para a saúde. 

Os cambios en Teo son os seguintes. 

Distrito: 01. Sección:001. Mesas: A e B. 

  • Local anterior: Mediateca do Grilo. 
  • Local novo: Pavillón deportivo Ezequiel Mosquera. A Ramallosa. 
  • Enderezo: Travesía da Ramallosa, nº 11, Ramallosa, Lucí. 15883. 

Distrito: 01. Sección:004. Mesas: A e B.

  • Local anterior: Colexio educación infantil e primaria da Igrexa Calo. 
  • Local novo: Pavillón deportivo de Calo. 
  • Enderezo: Fixó, nº 45, Calo. 15866. 

Distrito: 01. Sección:005. Mesas: A e B.

  • Local anterior: Escola da Casalonga
  • Local novo: Pavillón deportivo de Calo. 
  • Enderezo: Fixó, nº 45, Calo. 15866. 

Distrito: 01. Sección:006. Mesas: A e B.

  • Local anterior: Casa Común dos Tilos
  • Local novo: CEIP Os Tilos. Ximnasio. 
  • Enderezo: Rúa Ameneiro, nº 21. Os Tilos. 15894. 

Distrito: 01. Sección:002. Mesas: B.

  • Local anterior: Escola de Reis
  • Local novo: Centro sociocultural "A Ponte Vella"
  • Enderezo: Ribeira, nº 39, Reis, 15883. 

Estes cambios aparecerán xa na información da tarxeta censal que se recibe nos domicilios. 

O Instituto Nacional de Estatística publicou estas variacións en locais electorais no BOP número 93 do 23 de xuño que podes consultar aquí