O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Celébrase un pleno extraordinario con dous asuntos económicos

| compartir:

O mércores 30 de novembro celébrase un pleno extraordinario urxente ás 09:00 horas no salón de plenos. O debate plenario terá lugar ás 09:00 horas, no Salón de Plenos da Casa Consistorial, na Ramallosa. Poderase ver en directo a través da canle de youtube do Concello premendo aquí.

Na sesión votarase a proposta da alcaldía na que se propón revogar o acordo plenario de outubro de non dispoñibilidade de créditos. O pleno de outubro aprobou a non dispoñibilidade de 525.000 euros mais o 13 de novembro recíbese unha comunicación da Dirección Xeral de Política Financeira na que se indica que estes acordos de non dispoñibilidade de crédito se poden volver atrás. Votarase ademais unha segunda proposta na que se recolle a transferencia entre partidas afectadas. Este asunto retirouse do pleno ordinario de novembro por unha cuestión formal e acordouse convocar unha pleno extraordinario con urxencia para que as transferencias entren en vigor antes de que remate este exercicio. 

A orde do día ten os seguintes puntos: 

  1. Ratificación da urxencia. 
  2. Proposición da alcaldía para deixar sen efecto o acordo de non dispoñibilidade de créditos. 
  3. Proposición da alcaldía de transferencia dende as partidas previamente afectadas polo AND revogado. 
Casa do Concello