O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Cancelado o reparto do atraente contra a velutina

| compartir:

EDITADO. O Concello decidiu cancelar o reparto de atraente de velutina polas indicacións da Xunta de Galicia pola crise sanitaria do coronavirus. Anunciarase un novo prazo máis adiante. Desculpen as molestias. 

 

O Concello de Teo inicia de novo o reparto de doses de líquido atraente contra a nespra asiática. Dende o 4 de marzo e ata o 2 de maio todas as persoas interesadas poden obtelo na nave do servizo de Protección Civil. Os seus responsables entregarano de balde todos os mércores de 17:00 a 19:00 horas e todos os sábados entre as 10:00 e as 12:00 horas.

Dende o servizo destacan que só se lle entregará á veciñanza teense polo que se pedirá que se presente o DNI para xustificar a residencia no Concello. Nos últimos dous anos fíxose xa este reparto e valórase positivamente o efecto que
ten para evitar a proliferación de máis niños dunha especia invasora como a nespra velutina.

Co reparto do atraente facilítase que as persoas particulares elaboren as súas propias trampas para os seus xardíns e vivendas. As raíñas fundadoras desta especie invasora saen durante estas semanas da fase de hibernación na que estiveron durante o inverno. É por tanto unha tempada crucial para instalar as trampas, posto que por cada exemplar que se capture impedirase a posterior formación de niños primarios e secundarios.

O ciclo biolóxico da especie, que pode variar segundo a climatoloxía do ano, fai que durante marzo e abril as raíñas fundadoras de nespra velutina vaian espertando. A partir de maio constrúen os niños primarios. Durante o verán os esforzos céntranse xa na destrución dos niños. Coa chegada do outono é un novo trampeo, na fase de reprodución, previa á morte
das raíñas nais, as obreiras e os machos. Para avisar da presenza de niños de nespra velutina debe chamarse ao teléfono 012

 

trampa velutina

Arquivos descargables

Attachment Size
cicloanualvelutina.png 215.92 KB