Teo súmase á conmemoración do día do Síndrome de Down

21-03-2019
pulsera

O Concello de Teo súmase á conmemoración do 21 de marzo, Día da Síndrome de Down, como xeito
de apoiar o labor que desenvolven as entidades que traballan para conseguir unha mellor calidade
de vida das persoas con esa característica.
As principais iniciativas que se realizarán co gallo da xornada terán como escenario os centros escolares
do municipio. Ademais de difundir un cartel que lembra a data, o Concello promoverá a proxección
dun vídeo nos colexios e entregará pulseiras conmemorativas para cada alumno ou alumna.
Do mesmo xeito vanse distribuír nos centros educativos os protocolos e outros documentos de traballo
que facilita a Federación de Entidades de Síndrome de Down. E para as vindeiras semanas está
previsto convocar unha acción impartida por estas entidades para formar o persoal das Escolas Infantís
Municipais sobre as necesidades dos nenos e nenas con esa característica.
Nesta efeméride as entidades da síndrome de Down chaman a reflexionar sobre a vida das persoas
con discapacidade intelectual. Hai que partir de que unha sociedade xusta debe facer un esforzo
para coñecer e integrar as circunstancias das persoas con síndrome de Down.
O primeiro, de feito, é que saibamos que non se trata dunha enfermidade, senón dun trazo co que
nacen algunhas persoas: en vez de dous cromosomas teñen tres no par 21. De aí que o día 21-3 sexa
o da súa conmemoración