Reis celebra o entroido no que se poderá ver o Demo

22-02-2019
xenerais

Este sábado 23 e domingo 24 de febreiro a parroquia de Reis volve sair de entroido. Os xenerais, correos e coros percorrerán as diferentes aldeas acompañados da figura do Demo de Reis, personaxe propia deste parroquia e do noso entroido. Nas dúas xornadas se celebrará o tradicional atranque a última hora da tarde no campo da festa. As coordenadas GPS do campo da festa son as seguintes: 42º 46´ 17.9"/ 8º 33´ 10.1"

As comparsas e os xenerais percorrerán durante a fin de semana os seguintes lugares: Coira, Freixeiro, Valiñas, Samar, Pazos, Montecelo, Piñeiro, A Freiría, a Ribeira, Ferreiriño, Chao do Río, Outeiro, o Calvario, a Ribeira, Olveira, Xermeade, Pontevea e volverán a rematar no campo da festa.

Máis información sobre o entroido dos xenerais da Ulla premendo aquí