Publícase a programación de actividades da aula de informática para este outono

17-10-2019
aula informatica

A aula de informática do Concello vén de publicar a oferta formativa para este outono. En outubro realizarase un obradoiro de manexo de rato e teclado, do 22 ao 28; e un sobre dispositivos de almacenamento portátil, do 30 ao 31. En novembro, do 25 ao 5 de decembro, ofértase un curso de iniciación a internet e do 10 ao 19 de decembro outro de edición de textos (writer). Xa en xaneiro temos un curso de Impress. Presentación de con diapositivas e outro de exercitar a memoria en internet. 

Todos os cursos son en horario de mañá de luns a xoves na Aula de informática municipal, no Auditorio Constante Liste da Ramallosa. Para consultar os horarios de cada actividade preme aquí

Actividades no nadal

Dende a aula pensouse tamén nos máis pequenos da casa e o 23, 26 e 27 de decembro farase un obradoiro de Creación de videoxogos para móbil dirixido a nenos/as de 12 aos 16 anos e o 30 de decembro farase un taller de construcións robóticas con Lego, dirixido a avós con netos de entre 8 e 12 anos. 

Para anotarse nalgunha das actividades hai que entregar a ficha de inscrición no Rexistro Xeral do Concello dende primeiros de outubro ata 3 días laborables antes do comezo de cada actividade. A ficha tamén se pode recoller na propia aula, na Mediateca ou no Rexistro xeral do Concello. No caso dos cursos cursos (Curso de iniciación a internet, curso de edición de textos e curso de impress) hai que pagar unha taxa de 20 euros, unha vez que se comprobe a admisión na actividade. 

Para facer os obradoiros e cursos debe haber un mínimo de 6 persoas anotadas. Se hai máis solicitudes ca prazas farase un sorteo público dous días antes do comezo da actividade e as listas quedarán expostas na aula. 

Podes descargar a ficha das actividades da aula de informática premendo aquí

Mecanografía

As persoas maiores de 16 anos que queiran escribir con soltura no ordenador pódense achegar á aula en horario de 12 a 14 horas para ir completando os módulos do curso ao seu ritmo.