Publícase o resultado do sorteo da campaña de nadal no comercio

11-01-2019
campaña nadal

Rematou a campaña de nadal no comercio de Teo. O 10 de xaneiro fíxose o sorteo público para elexir as rifas premiadas que se farán con un dos seis premios aos que optaban as persoas que consumiron nalgún dos comercios de Teo adheridos á campaña.

O primeiro premio foi para a rifa número 00290 e vendeuse en M. Pernas (Pontevea). Este premio consiste nun abono anual na Piscina municipal da Ramallosa.
O segundo premio foi para a rifa número 33810 e vendeuse na administración de lotería A Sorte (Cacheiras). Este premio consiste nun paquete de noite, cea e almorzo nalgún dos seguintes establecementos de Teo: Pazo de Adrán, Casa Grande de Cornide ou Parada de Francos.
O terceiro premio foi para a rifa número 04845 e vendeuse na Despensa (Luou). Este premio consiste nunha actividade de aventura para catro persoas a elixir entre un descenso polo Ulla, un paseo a cabalo ou unha sesión de paintball.
O cuarto premio foi para a rifa número 17496 e vendeuse na pescadería Mary (Pontevea). Este premio consiste nun bono de 50 euros para usar nos locais adheridos á campaña de Nadal no comercio.
O quinto premio foi para a rifa número 33197 e vendeuse na administración de lotería A Sorte (Cacheiras). Este premio consiste nun bono de 50 euros para usar nos locais adheridos á campaña de Nadal no comercio.
O sexto premio foi para a rifa número 11217 e vendeuse na peluquería Ana Blanco (Cacheiras). Este premio consiste nun bono de 50 euros para usar nos locais adheridos á campaña de Nadal no comercio.

As persoas que teñen a rifa premiada deben comunicarse co Concello no seguinte teléfono (981.815.700) antes do 18 de xaneiro.

A entrega dos premios realizarase o 24 de xaneiro ás 13:00 horas na Casa do Concello.

En cada un dos premios hai un número premiado e dous números de reserva por se a persoa premiada non aparece.

Primeiro premio:

  1. Número premiado: 00290 (Entregado en M. Pernas en Pontevea)
  2. Reserva 1: 23155 (Entregado en A Sorte en Montouto)
  3. Reserva 2: 08021 (Entregado en  A Plaza en Cacheiras)

Segundo premio:

  1. Número premiado: 33810 (Entregado en A Sorte en Montouto)
  2. Reserva 1: 04729 (Entregado en A Despensa en Luou)
  3. Reserva 2: 18836 (Entregado en  O Curruncho en Calo)

Terceiro premio:

  1. Número premiado: 04845 (Entregado en A Despensa en Luou)
  2. Reserva 1: 27561 (Entregado en Óptica Rilo en Cacheiras)
  3. Reserva 2: 29890 (Entregado en Perruquería M&V Cacheiras)

Cuarto premio:

  1. Número premiado: 17496 (Entregado en Pescadería Mary en Pontevea)
  2. Reserva 1: 12380 (Entregado en Clínica dental J. B. en Cacheiras)
  3. Reserva 2: 14987 (Entregado en Perruquería Karymo en Cacheiras)

Quinto premio:

  1. Número premiado: 33197 (Entregado en A Sorte en Montouto)
  2. Reserva 1: 17218 (Entregado en Pescadería Mary en Pontevea)
  3. Reserva 2: 04444 (Entregado en Estanco en Luou)

Sexto premio:

  1. Número premiado: 11217 (Entregado en Perruquería Ana Blanco en Cacheiras)
  2. Reserva 1: 21123 (Entregado en Librería D´Ana en Lucí)
  3. Reserva 2: 24035  (Entregado en Cambios Perruquería en Montouto)

No caso de que os premiados non aparezan identificándose cunha chamada ao Concello (981.815.700) habería que utilizar os números de reserva. Se algún dos premios queda deserto porque as persoas que teñen as rifas agraciadas non se identifican volvería facerse o sorteo, só dese premio, o 21 de xaneiro.

Este é o segundo ano que se realiza esta campaña de apoio ao comercio local na tempada de nadal. Dende o Departamento de Promoción económica, a concelleira Conchi García amósase "moi satisfetia pola boa resposta e acollida do comercio e dos/as clientes". Participaron máis de 80 establecementos e entregáronse mais de 30.000 rifas.