O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Obradoiro sobre as formas de violencia no consumo

| compartir:

A Casa Común de Cacheiras acollerá dous dos obradoiros do programa Machismos sen miopías que organiza a Deputación da Coruña. Serán os días 3 e 10 de decembro entre as 17:30 e as 20:00 horas. Baixo o título Consumindo violencias machistas, procurarán sensibilizar sobre as múltiples formas de violencia contra as mulleres que a miúdo se dan no consumo, un acto aparentemente inocuo.

Os obradoiros axudarán a promover entre as persoas que participen cambios cara a igualdade desde o papel dos consumidores e das consumidoras. Para acudir a estes obradoiros é preciso anotarse no Centro de Información á Muller
(CIM) do Concello de Teo. As inscricións poden formalizarse no teléfono 981 938 475 e no enderezo de correo electrónico cim@teo.gal.

machismos