O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O pleno votará unha moción de apoio ás mobilizacións do 8 de marzo

| compartir:

A corporación teense reúnese este mércores 27 de febreiro. O debate plenario terá lugar en horario de tarde, ás 20:00 horas, no Salón de Plenos da Casa Consistorial, na Ramallosa, co fin de facilitar a asistencia das persoas interesadas.

Un dos puntos será unha moción de apoio ás mobilizacións do 8 de marzo. Nos días previos a esta xornada de reivindicación da igualdade proponse á corporación, entre outros acordos, o apoio á folga xeral das mulleres incluír nos actos de celebración do 8 de marzo informacións sobre o paro feminino desa xornada ou colocar a bandeira feminista na Casa do Concello.

A orde do día ten os seguintes puntos:

1. Aprobación da acta da sesión do 30.01.19.

2- Dar conta das resolucións da alcaldía (da 42/19 á 150/19).

3- Dar conta do informe do cumprimento dos prazos de pago das operacións comerciais, 4º trimestre 2018.

4- Ditame da moción dos grupos municipais de SondeTeo-Anova e PSdeG-PSOE e BNG para o rexeitamento da campaña dirixida ao alumnado sobre minería sostible.

5- Proposición da alcaldía sobre a obra do colector Espasande-A Ínsua: aprobación de proxecto modificado e de expediente de modificación do contrato.

7- Mocións.

8- Rogos e preguntas.

casa do Concello